Candidatura a CIDADE AMIGA DA INFANCIA

O pleno do Concello do Ponteareas, na sesión ordinaria levada a cabo o día 28 de xaneiro de 2020 aprobou por unanimidade Solicitar a UNICEF Comité Español o inicio dos trámites para a obtención do Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia; así como contar co seu posterior apoio e colaboración para o desenvolvemento, a mellora continuada e a innovación das políticas de infancia e adolescencia na nosa localidade.”

A presentación a este recoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia”, que promove UNICEF en colaboración coa FEMP, e un xeito mais de demostrar o interese deste concello por mellorar o benestar da infancia e adolescencia impulsando políticas municipais que garantan o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes, xa que o programa basease no deseño de políticas públicas eficaces baseadas na Convención sobre os dereitos da infancia, a promoción da participación infantil e adolescente, e o impulso de alianzas entre todos os actores relacionados coa infancia a nivel municipal para iniciar un camiño de mellora continua cara ao pleno cumprimento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes no ámbito local.

Esta iniciativa foi posta en marcha dende a Concellería de Ensino, e implica tanto a todas as distintas concellerías do Goberno local, como a coordinación con outros actores locais como son os centros de ensino, as asociacións, etc…. para xerar mecanismos reais de participación infantil, co obxectivo de incorporar o parecer de nenos, nenas e adolescentes nas decisións políticas que lles afecten.
https://ciudadesamigas.org/

 

PARTICIPACIÓN:

Dende fai uns anos temos en marcha un proceso de participación infantil, no que nenos, nenas e adolescentes de tódolos centros de ensino do concello, teñen a oportunidade de expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que lle preocupan, así como tamén achegar as propostas de solución que consideren aos plenos infantís.

Este proceso deu como froito un órgano de participación infantil estable denominado Consello municipal de Infancia e Adolescencia de Ponteareas, de carácter consultivo e informativo que representa ao conxunto da infancia e adolescencia dentro do municipio.

O proxecto continuou coa realización dun diagnóstico da realidade dos nenos e nenas e da localidade, realizado de forma participativa, coa colaboración dos propios nenos, nenas e adolescentes, da comunidade educativa, e de persoal técnico, como paso previo para a elaboración dun Plan local de Infancia e Adolescencia aprobado por unanimidade do pleno celebrado o pasado 29 de decembro de 2020, e que desenvolverá as medidas e actuacións que poremos en marcha a fin de garantir a promoción, provisión e protección dos dereitos da infancia nos próximos anos.

DOCUMENTACIÓN:
• Certificado de aprobación do regulamento:20191203_Certificado_Certificado pleno_CERTIFICADO 2019-0134 [2. Certificado acordo Pleno (26.11.19) Expediente 7511-2019. Aprobación inicial do regulamento do Consello municipal da infancia   
• Certificado de aprobación solicitude de recoñecemento 20200129_Certificado acordo Pleno UNICEF – Ponteareas  
• Bases da convocatoria Cidades Amigas da infancia Bases_CiudadesAmigasInfanciaCai_19-20    
• REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE PONTEAREAS an.bop.PONTEVEDRA.20201118.2020050886 consello da infancia  
• Diagnóstico de situación da infancia DIAGNOSTICO PONTEAREAS_web
• Certificado de aprobación do plan de infancia 20210104_Certificado_CERTIFICADO 2021-0001 Plan de infancia
• Plan de Infancia PLAN PONTEAREAS 2020_Web

 

RECURSOS PARA A INFANCIA:
http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/06/Recursos-educativos.pdf

Acceso á galería fotográfica