O alcalde

Xosé Represas Giráldez

Q55A8806O Concello de Ponteareas quere ser un concello transparente e aberto, accesible a todos os veciños e veciñas.

Dende o Goberno local, que teño a honra de presidir, reciban un moi cordial saúdo. A administración electrónica é unha ferramenta fundamental para a participación veciñal e a transparencia coa que estamos comprometidos.

O equipo de goberno de Ponteareas procura a mellora do benestar social da cidadanía e o progreso a nivel social, económico e cultural. Un obxectivo que de seguro compartimos con colectivos sociais, entidades públicas e privadas, e todos os ponteareáns. Queremos lograr un concello igualitario, solidario, emprendedor e que mellore a calidade de vida de todas e todos.

Internet é unha porta aberta do Concello, dos servizos municipais e representantes políticos a veciños e veciñas, emprendedores, a todos os que procuran informarse, realizar trámites, transmitir peticións ou queixas. Ademais é tamén unha achega virtual aos valores naturais, a riqueza do noso patrimonio cultural e ás nosas sinais de identidade como o Corpus ou o río Tea.

Convídolles a entrar nesta web e a participar connosco dos cambios para construír un concello moderno e eficaz.