Normalización Lingüística

Casa do Concello
Xardíns da Xiralda SN
Tel.: 687 76 45 75
normalizacionlinguistica@ponteareas.es

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ponteareas é un departamento técnico que leva en funcionamento desde o ano 1997 ata a actualidade.

O obxectivo e función fundamental do Servizo de Normalización Lingüística é incrementar o uso do galego en todos os ámbitos  actuación da organización, tanto interna como externamente.

Desenvólvense as seguintes funcións:

  • Funcións internas:

  1. Tradución de textos e de documentos; corrección documental, deseño de documentación formal, resolución de dúbidas lingüísticas.
  2.  Asesorar á Administración en todo o relacionado coa promoción da lingua galega.
  3. Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos  para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/as aspirantes.
  4. Promoción e difusión do Regulamento de normalización lingüística do Concello de Ponteareas.
  5. Asesoramento obre os usos e perfís lingüísticos da entidade local.
  6. Información sobre o status legal da lingua, sobre a toponimia oficial, sobre os dereitos lingüísticos.
  7. Difusión, sensibilización e información das ferramentas lingüísticas existentes tanto ao persoal municipal como á cidadanía en xeral.
  • Funcións de dinamización lingüística:

Lévanse a cabo accións a prol da lingua galega en varios ámbitos de influencia da entidade, tanto no ámbito xeral da sociedade, como no eido comercial e o sector do ensino e no ámbito infantil e xuvenil, ámbito este fortemente desgaleguizado.

  1. Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  2. Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego en distintos ámbitos locais.
  3. Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso da lingua galega.
  • Funcións de formación :

  1. Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.
  2. Promoción, información e asesoramento sobre cursos de capacitación lingüística para o persoal municipal ofertados polas distintas administracións.
  3.  Promoción, información, difusión e asesoramento sobre os cursos formativos para a obtención dos Celga, así como a  prestación de colaboración para a súa realización no Concello de Ponteareas.
  4.  Información, difusión e asesoramento sobre as datas e lugares de realización das probas, así como a oferta de impresos e solicitudes e axuda necesaria para cubrilas que se lle oferta á cidadanía, non só do concello de Ponteareas, senón tamén das Neves, A Cañiza, Covelo, Arbo, Mondariz e Mondariz Balneario, etc.
  5. Colaborar no deseño de programas de formación para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas no ámbito local. 
  •  Funcións de asesoramento lingüístico interno:

  1. Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
  2. Definir e propoñer criterios lingüísticos para a organización.
  3. Resolver dúbidas lingüísticas.
  • Funcións de asesoramento externo

  1. Sobre dúbidas
  2. Sobre formación
  3. Sobre recursos
  • Funcións de coordinación:

  1.  Apoiar a difusión das accións dinamizadoras desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.