Servizos Sociais

Rúa Oriente 8 – Ponteareas
Tel.: 986 64 17 47
admservizossociais@ponteareas.es

Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis próximo da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os Servizos sociais municipais teñen por obxecto:

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos veciños .
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.

A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.