ATENCIÓN E INFORMACIÓN CIDADÁ
Neste espazo ofrecemos o primeiro catálogo de servizos públicos do Concello de Ponteareas elaborado pola Concellaría de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá. Dun xeito moi doado poderás coñecer e acceder á información completa de todos os servizos municipais que presta o Concello.
A información de cada servizo estrutúrase do seguinte xeito:
- Área de Goberno
- Denominación do servizo
- Descrición do servizo, incluindo os procedementos que, no seu caso, se tramitan no mesmo.
- Emprazamento físico.
- Teléfono
- Enderezo electrónico
- Horario de funcionamento ou atención ao público
A ATENCIÓN CIDADÁ DURANTE A CRISE SANITARIA
Mentres se mantén a actual crise sanitaria, a atención cidadá está condicionada polas medidas de distanciamento social. Estas son as modalidades de atención e información.
- Atención telefónica
-
- Centraliña da Casa do Concello: 010 (desde Ponteareas) – 986640000
- Teléfonos directos de servizos municipais (ver catálogo)
- Atención presencial
-
- Sen cita previa: Rexistro Xeral / Oficina de Recadación
- Con cita previa: resto dos servizos
- Cita web/telefónica automática:
- Estatística e Padrón de Habitantes. Consulta aquí os trámites e documentación
- Oficina Municipal de Información sobre Consumo – En periodo de probas, non dispoñibel polo momento
- Oficina de Urbanismo e Punto de Atención Catastral – En periodo de probas, non dispoñibel polo momento
- Asesoría Xurídica (só profesionais) – En periodo de probas, non dispoñibel polo momento
- Cita telefónica a través de traballador/a: resto dos servizos
- Cita web/telefónica automática: