COMUNICACIÓN NA PAXINA WEB DO CONCELLO DE PONTEAREAS RELATIVA AOS FONDOS DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA


“A irrupción da pandemia da COVID-19 a principios do ano 2020 tivo un forme impacto sobre a economía española e mundial, que levou ao despregue dunha rede de seguridade mediante unha importante inxección de recursos públicos para soster o tecido produtivo, o emprego e as rendas das familias, permitindo mitigar o impacto económico e social.
Todo elo fai imprescindible e urxente por en marcha un plan de inversións e reformas, cun triplo obxectivo:

  1. Apoiar a curto prazo a recuperación trala crise sanitaria.
  2. Impulsar a medio prazo un proceso de transformación estrutural.
  3. Levar a largo prazo a un desenvolvemento máis sostible e resiliente dende o punto de vista económico-financieiro, social, territorial e medioambiental.

Neste contexto, os novos instrumentos comunitarios de financiación NextGeneration
EU  proporcionan a ocasión idónea para despregar o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e contrarrestar así o impacto da pandemia sobre a inversión e a actividade económica.

Estes novos Fondos de Recuperación para Europa proporcionarán a España ata 140.000 millóns de euros en transferencias e créditos no período 2021-2026. Para elo, o 27 de abril de 2021 apróbase o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (en diante o PLAN) e é remitido á Unión Europea con data 30 de abril de 2021.
O PLAN incorpora unha importante axenda de inversións e reformas estruturais, que se interrelacionan e retroalimentan para lograr catro obxectivos transversais:

  1. Primero eixo: Transición ecolóxica
  2. Segundo eixo: Transformación dixital
  3. Terceiro eixo: Cohesión social y territorial
  4. Cuarto eixo: Igualdade de xénero

Estes catro eixos orientan as dez políticas panca que determinan a evolución futura do país, e dentro destas dez pancas, se recollen trinta compoñentes, que permiten articular os programas coherentes de inversións e reformas do PLAN.

Este sitio web pretende ofrecer información de interese sobre as inversións que realizará o Concello de Ponteareas encadradas na execución dos citados fondos NextGeneration EU.”