Padróns. Faixas secundarias biomasa

Sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias

O noso concello está adherido ao Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156 do 17 de agosto de 2018).

 

A Comisión de Seguimento do Convenio seleccionou como priorizadas no Concello as seguintes parroquias:

CONCELLO

PARROQUIA

SUPERFICIE FAIXA SECUNDARIA

Ponteareas

Padróns (San Salvador)

131,52 Ha

 

En base a esa priorización de parroquias, os titulares de parcelas afectadas por faixas secundarias destas parroquias, poden asinar a adhesión ao contrato de xestión da biomasa no marco do sistema público de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa.

 

Este sistema público de xestión da biomasa consiste na posibilidade de contratar a xestión da biomasa vexetal, nas redes de faixas secundarias, a través da empresa pública Seaga que a realizará a cambio dunha tarifa anual de 350 € por Hectárea, asumindo todas as obrigas que corresponden ás persoas responsables segundo a Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

 

Esta obriga pode ser cumprida mediante a xestión voluntaria polo titular da parcela con anterioridade ao 31 de maio de cada ano.

 

Nas parroquias priorizadas os titulares teñen tamén a posibilidade de asinar o contrato de adhesión.

 

Pode consultar as parcelas afectadas por faixas secundarias nos seguintes planos: A0v_Ponteareas1_compressed (1)

A0v_Ponteareas2_compressed

 

Se estivese interesado en firmar o contrato deberá cumprimentar o modelo de contrato que atopará aquí debaixo e entregalo no rexistro ou pola Sede Electrónica do Concello de Ponteareas.

Para aclarar algunha dúbida relativa as parcelas ou información acerca deste trámite ao respecto deste procedemento poderá coller cita previa chamando ao 986090164 ou mediante correo electrónico medioambiente@ponteareas.gal.

Os días de Atención ao Público serán os Martes e Xoves sempre con cita previa.

 

MODELO DE CONTRATO MODELO SOLICITUDE ADHESION PARA IMPRIMIR (1)

RELACIÓN DE ÁREAS AFECTADAS ID_PONTEAREAS

PLANOS A0v_Ponteareas1_compressed (1)

              A0v_Ponteareas2_compressed